A filosofía que move a Marzo Saúde é a de cooperación e a mellora continua
Na nosa clínica, a nosa principal preocupación é a túa recuperación. Estamos aquí para que mellores e volvas canto antes ao traballo ou ás túas actividades de lecer.
Queremos axudarche a alcanzar os teus obxectivos. Somos fisioterapeutas, enfermeiros e podólogos que che atenderemos de forma personalizada e adaptada ao teu estado de saúde, o que significa menos visitas e mellores resultados.
Fisioterapia
Tendinite, roturas fibrilares, sobrecargas musculares, torceduras, distensións, fracturas, luxaciones, vendaxes funcionais etc…
Podoloxía
Amplo gabinete de podoloxía destinado a tratar aquelas afeccións relacionadas co pé, Exploración e diagnóstico, Quiropodoloxía, Ortopodoloxía