O Centro de fisioterapeutas, enfermeiros e podólogos Marzo Saúde está a organizar unha xornada solidaria en Castroverde para o vindeiro 17 de marzo. Amais de numerosas actividades deportivas e a celebración dun xantar, os integrantes de Marzo Saúde pediranlle a cada un dos participantes que faga entrega dun quilo de comida non perecedeira para poder doar ao Banco de Alimentos de Lugo.
Ademais de organizar a xornada, Marzo Saúde comprométese a depositar un quilo máis de comida por cada un que entreguen os participantes. O reto, segundo indican os organizadores, é alcanzar os 300 quilos de alimentos. Tamén se vai agasallar a todos os participantes cunha camiseta conmemorativa do evento.
A primeira das actividades desenvolverase póla mañá e consistirá nunha marcha cicloturística pólo municipio lucense. Os organizadores pretenden que sexa unha ruta doada, para que poidan participar os adultos e tamén os máis novos. Ao mediodía celebrase o xantar nunha carpa colocada ao lado do polideportivo, onde se van realizar o resto de actividades. Parte do custo da comida tamén será doado a entidades sociais.
Xa pola tarde será a quenda de actividades de pilates e zumba, ás que seguirá un maratón de fútbol sala.
Nota de prensa
Castroverde, 5 de febreiro de 2013
R. Rosalía de Castro, 49 – baixo 27120 Castroverde – Lugo
marzosaude@safmmarzo.com Tlf: 982 31 30 01