Marzo Saúde colabora co Cafés Candelas Breogán na recuperación de xogadores



Recogida de: cbbreogan.com

O centro de fisioterapia e podoloxía, situado en Castroverde (Lugo), conta co máis avanzado en tecnoloxía dirixida á recuperación, e coa nova técnica de tecarterapia de Capenergy. Xogadores do equipo, como Dani López ou Osvaldas Matulionis, xa coñecen os beneficios deste tratamento de vangarda que reduce os prazos de recuperación nun amplo abano de lesións.

Marzo Saúde colabora estreitamente co Breogán en contacto permanente cos servizos médicos e coa fisioterapeuta do club, Belén Díaz, poñendo a disposición do equipo unhas instalación e unha tecnoloxía punteira que, de seguro, axudará a alcanzar os obxectivos deportivos.

Para coñecer máis  sobre Marzo Saúde: https://www.safmmarzo.com/


Whatsapp
Ir al contenido