En outubro volven as clases



CLASES EN MARZO SAÚDE

Volvemos outra tempada máis coas nosas clases colectivas dirixidas pola nosa profesional e dinámica ISABEL CABADO.

PILATES, MARZUMBA e XIMNASIA DE MANTEMENTO para que realices deporte nas mellores mans e de maneira entretida.

Se estás interado/a consulta horarios e prezos. Esperámosche!!!

Pilates é un sistema de adestramento físico e mental que combina sistemas de exercicios de estiramentos e fortalecemento muscular, unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a respiración e a relaxación.

O método céntrase no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral, usado como terapia en rehabilitación, previr e curar a dor de costas.

PILATES

MARZOMBA

É unha disciplina fitness, enfocada a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas. Emprega dentro das súas rutinas os principais ritmos latinoamericanos, como son a salsa, o merengue, a cumbia, o reggaeton e a samba.


XIMNASIA DE MANTEMENTO

Actividade na que se traballa e desenvolven as capacidades e habilidades físicas necesarias para a saúde e actividade deportiva. É unha clase de baixo impacto, que combina movementos para mellorar aspectos básicos coma a resistencia funcional, a forza, a coordinación, a mobilidade articular e o equilibrio. Apta para todas as persoas e idades.


Whatsapp
Ir al contenido