Fisioterapia

Marzo Saúde, somos especialistas en calquera tipo de dor ósea ou muscular, sendo a fisioterapia deportiva, a traumatolóxica e a ortopédica as nosas especialidades

Servizos de Fisioterapia

En Marzo Saúde estamos especializados en calquera tipo de dor ósea ou muscular, na fisioterapia deportiva, a traumatolóxica e a ortopédica, aquelas nas que centramos a nosa atención e os nosos servizos diarios. Para realizar os tratamentos contamos con tres salas ben diferenciadas, todas elas equipadas con padiolas, equipos de electroterapia, ultrasóns, laser, tecarterapia, ondas de choque, electrolise (EPI e EPTE)  e ecógrafo, para realizar os tratamentos ecoguiados. Ademais, un dos espazos está equipado con máquinas para fisioterapia estética, o que nos permite levar a cabo tratamentos con algas e barros, así como presoterapia, empregada con funcións rehabilitadoras e estéticas.

Tratamos todo tipo de dores musculares e óseas, como poden ser lumbalxias, ciáticas e artrose. Contamos ademais con numerosas terapias e tratamentos como a drenaxe linfática, as masaxes, a vendaxe neuromuscular, a acupuntura, a punción seca e a fisioterapia de solo pélvico, entre outros. Socios da Sociedade Española contra a Dor.

Marzo Saúde actúa ademais como fisioterapeuta de empresa, co obxectivo de aconsellar sobre a mellor forma de traballar, así como para evitar futuras lesións no ámbito laboral. Somos técnicos de prevención de riscos en 3 especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada, destacando nesta última. Estes servizos ofrécense na propia empresa, polo que trasladámonos ao lugar de traballo para coñecer in situ a forma de desenvolver a túa actividade.

Especialidades e Tratamentos

EPTE® Electrolise Percutánea Terapéutica

Pioneiros en España en traer esta revolucionaria técnica, na cal cremos e seguimos formando. O tratamento é sempre ecoguiado, con excelentes resultados no tratamento de tendinopatías e cicatrices adheridas.

EPI® Electrolise Percutánea Intratisular

Fomos dos primeiros en España en traer tanto a formación como a técnica ás nosas instalacións. O tratamento é sempre ecoguiado con excelentes resultados no tratamento de tendinopatías e cicatrices adheridas.

Ecografía Musculoesquelética

Precursores en España en traer tanto a formación como a técnica. Seguimos formándonos nesta ferrramenta tan útil para a resolución de problemáticas musculoesqueléticas. Por iso pertencemos a diferentes asociacións e grupos ecográficos.

Fisioterapia Invasiva

Sendo os pioneiros en Galicia en traer os primeiros cursos de formación de punción seca, acupuntura, DNHS, electrolise e aplicándoo na nosa práctica clínica; podemos certificar que somos especialistas neste tipo de técnicas, con excelentes resultados.

Tecarterapia

Queremos diferenciarnos, por iso confiamos e traballamos man a man con Capenergy. As súas máquinas están en centros de alto rendemento de toda España e en clubes deportivos como o Celta de Vigo e o Club Baloncesto Breogán entre outros.

Drenaxe Linfática

A nosa formación en drenaxe linfática manual polo método Leduc capacítanos para realizar este demandado tratamento, combinado coa máis avanzada máquina de presoterapia do mercado, empregada por moitos deportistas de élite e recomendada por especialistas.

Electroterapia

Baseándonos na evidencia científica, creamos os tratamentos individualizados que os nosos pacientes necesitan, esquecéndonos de protocolos xerais. Intentamos harmonizar a evidencia clínica coa científica para mellorar os nosos tratamentos.

Fisioterapia Xeriátrica

Traballando desde o 2005 nesta rama. Ademais da formación continuada, os relatorios e o premio que recibimos pola sociedade de xeriatría, un dos nosos socios foi durante dous anos un dos directores do máster propio na escola de enfermería de Lugo, así como os tres docentes de dito máster. Somos socios da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía.

Fisioterapia Pediátrica.

Queremos ser referente, por iso estamos preparando unha formación de calidade, que agrupe un gran grupo de profesionais sanitarios, que aporte os medios necesarios para mellorar as patoloxías propias dos nenos e nenas.

Fisioterapia Traumatolóxica e ortopédica.

Temos todos os medios humanos e tecnolóxicos necesarios para solucionar e mellorar. Especialistas médicos derivan a diario pacientes ás nosas instalacións, xa que confían na nosa formación e no traballo que realizamos.

Fisioterapia Respiratoria e Cardiaca.

Un campo tan importante non podía pasarse por alto nas nosas instalacións. Por iso non só nos quixemos formar, contamos tamén coa axuda de facultativos ( médicos/as e enfermeiros/as) que nos axudan a mellorar. Ademais posuímos ecocardiograma, espirómetro e toma de constantes continuada para monitorizar en todo momento aos nosos pacientes.

Ondas de Choque

O traballo realizado coas ondas de choque está baseado non só na nosa evidencia clínica, senón nunha evidencia científica que contrastamos continuamente para mellorar as patoloxías que nos atinxen.
Os seus principais beneficios son o rápido alivio da dor e restauración da mobilidade. Isto  conxugado a ser unha terapia non cirúrxica, sen necesidade de analxésicos, fai que sexa unha terapia ideal para acelerar a recuperación e sandar diversas indicacións que causan dor aguda ou crónica.

 

Fisioterapia Neurolóxica.

Fomos dos primeiros en traer formación continuada, non só para fisioterapeutas, tamén para logopedas e terapeutas ocupacionais. Deste xeito ampliamos os nosos coñecementos cun gran grupo multidisciplinar.

O ter traballado en hospitais, centros de saúde, centros da terceira idade e urxencias mostrounos os diferentes estados e os tratamentos.

Fisioterapia Deportiva

Cunha ampla formación e co traballo realizado desde 2004 con equipos de fútbol, fútbol-sala, rugby, tenis, padel, balonmán, baloncesto e deportes individuais como triatlón, atletismo ou tiro con arco, así como o traballo en artes escénicas; podemos dicir que é unha das nosas especialidades.

Para isto melloramos en 2015 contando con Belén, fisioterapeuta do C.B.Breogán, dando así o pulo para chegar a ser referentes neste eido.

Ademais, contamos cun ximnasio con todo os aparatos necesarios para a recuperación e a readaptación deportivas, tan necesarias para que os nosos atletas estén listos para a competición.

O trato próximo co cliente unido á multitude de actividades e servizos e as facilidades de horario e desprazamento do noso equipo converten a Marzo Saúde na mellor opción para o teu coidado e o do teu corpo.

Whatsapp
Ir o contido