Marzomba, actividade física ao ritmo de festa
Realízase en grupos reducidos.
É unha disciplina fitness, enfocada a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas. Emprega dentro das súas rutinas os principais ritmos latinoamericanos, como son a salsa, o merengue, a cumbia, o reggaeton e a samba.